Mar pon a disposición de Amegrove un dispositivo TICPESC

    tarxetas_ticpesc copia.jpgO GROVE> Este caixeiro permite ós profesionais do sector pesqueiro obter no momento a documentación precisa para realizar a súa actividade.

    {flowplayer}images/salnes/PROXECTO_TICPESC.flv{/flowplayer}

    Coa entrega simbólica desta tarxeta electrónica ó presidente de Amegrove, a consellería do Mar, Rosa Quintana, escenificaba a cesión das 234 tarxetas coas que os socios da cooperativa poderán acceder ó terminal TICPESC emprazado nun lateral da lonxa, e xestionar a través del toda a documentación que precisen as 24 horas do días os 365 días do ano. Incluso se a rula está pechada.

    Poderán beneficiarse deste sistema mariscadores, armadores e acuicultores que conten coa acreditación precisa: DNI electrónico ou as tarxetas específicas expedidas por Mar. Entre as vantaxes desta aplicación salientan a axilidade na tramitación administrativa, o respecto ó medio ó aforrar papel e, sobre todo, a garantía de calidade de cara ó consumidor que supón un seguemento exhaustivo da trazabilidade dos produtos pesqueiros.

    Nestes intres, ademáis do Grove, outros cinco portos de Galicia contan con terminais TICPESC, entre eles o de Cambados. A intención da Xunta é estender esta teconoloxía a tódolos peiraos galegos, sen ir máis lonxe, este mes prevén que entren en funcionamento 10, ós que se sumarán entre 15 e 20 caixeiros máis a partir de febreiro.

    Redacción Salnés