Apoio incondicional da corporación á flota arrastreira

    recurtecapturasbacaladilla_copia.jpgRIBEIRA> Pretenden evitar así o desmantelamento desta importante flota pesqueira  ante a decisión da Comisión Europea de Pesca de reducir nun 93% a cota de capturas da bacaladilla.

    {flowplayer}barbanza/recurtecapturasbacaladilla.flv{/flowplayer}

    O recurte da cota da bacaladilla aprobado agora en Bruxelas, sumado á reducción de capturas noutras especies ou a suba frecuente do prezo do combustible presentan un futuro incerto para a flota do arrastre de Ribeira.

    Declaración Institucional

    En sinal de apoio a este importante sector, que move miles de empregos directos e indirectos, a corporación ribeiresa emitiu esta mañá unha declaración institucional na que lle solicita ó Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño unha excepción aplicable ás zonas do Cantábrico e Noroeste, e se renegocie unha nova cota de capturas que se adpate á capacidade extractiva da flota ribeiresa e galega e á situación real do stock existente no Cantábrico e Noroeste. Por outra banda tamén se lle insta ó oberno central a que impulse un estudo científico actualizado sobre a situación dos recursos pesqueiros nesta zona e poder establecer así unha mellor distribución das cotas.

    Importante sector

    Dende a Asociación de Arrastreiros de Ribeira incidiuse na importancia desta flota, que con esta decisión se verá gravemente afectada, condenando non só ós mariñeiros senón tamén a transportistas, estibadores, almacenistas e proveedores e comerciantes.

    Redacción Barbanza