BOIRO > Os crucenses vense obrigados a trasladarse ata o centro de saúde do Saltiño, no que tamén denuncian a escaseza de profesionais.
Os veciños de Cabo de Cruz están indignados ante a falta de asistencia médica na parroquia. Levan case dous meses sen o seu doctor e a pesares das súas peticións, o Sergas non lles envía un sustituto.
Dende o dezaoito de xullo, data na que o seu médico iniciou as súas vacacións, vense obrigados a trasladarse ao centro de saúde do Saltiño, situado a máis dun kilómetro da vila.
{flowplayer}barbanza/faltamedicocabo.flv{/flowplayer}
Médico de baixa
O descontento dos veciños de Cabo de Cruz aumentou aínda máis se cabe xa que nestes días eran avisados de que o doctor, que debía presentarse ao seu traballo o vindeiro luns, 15 de setembro, se atopaba de baixa.
Esta nova prolongará a ausencia de asistencia médica na parroquia boiresa por tempo indefinido.
Os crucenses, especialmente os xubilados, amósanse moi indignados ante o caso omiso do Sergas ante a situación que están vivindo; unha situación que non é nova para os veciños, senón que se ven sucedendo desde hai tempo.
Máis de seiscentas reclamacións
Maila e todo, os veciños non se rinden, de xeito que levan recollendo durante os últimos dous meses unhas seiscentas reclamacións que remitirán en breve a Sanidade, solicitando que lles traian un sustituto.
Redacción Barbanza