Desafíos de enxeñería robótica paséanse polo IES nº1

    exhibicionrobots_100.jpgRIBEIRA> Trátase da iniciativa ‘Novas tecnoloxías, robots e Educación’ que mereceu o recoñecemento do Ministerio de Ciencia e Innovación

    No IES nº1 de Ribeira desenvólvese nestes días a semana da cultura. Dentro dos diversos actos programados, o departamento de Tecnoloxía realizou unha exhibición de robots para mostrar a comunidade educativa do centro o proxecto no que traballan os alumnos de cuarto de ESO. Trátase dunha iniciativa que mereceu o recoñecemento do Ministerio de Ciencia e Innovación. 

    {flowplayer}barbanza/exhibicionrobots.flv{/flowplayer}

    Robots capaces de aparcar en liña, de recoller latas de refresco e gardalas nunha caixa ou de desprazarse sobre unha mesa sen caer o chan. Desafíos da enxeñería robótica que esta tarde se paseaban polo patio do instituto. Os alumnos de cuarto da ESO traballan no proxecto ‘Novas tecnoloxías, robots e educación’, que foi subvencionado polo Ministerio de Ciencia e Innovación cunha achega de oito mil euros.

    Viaxe a Asturias

    Desenvolven este proxecto, que ten unha duración de dous anos, da man cun instituto de Asturias, o IES César Rodríguez, de Grado. A vindeira semana alumnos e profesores viaxarán ata esta localidade para atoparse cos seus compañeiros de traballo.

    Redacción Barbanza