![]()
BARBANZA> Os empresarios consideran que a prohibición de fumar está a restarlles un importante número de clientes.
{flowplayer}barbanza/efectoshostalerialeiantitabaco.flv{/flowplayer}
Dende a entrada en vigor da lei antitabaco, o debate está servido. Defensores e detractores da norma expoñen as súas causas para xustificar unha e outra postura. Pero esta división de opinións muda entre o sector hostaleiro. Aquí, a maioría dos empresarios están en desacordo coa prohibición de fumar no interior dos seus negocios xa que, din, lles está ocasionado perdas moi cuantiosas.
Incremento das terrazas
Ós clientes non lles queda máis remedio que saír ó exterior a fumar ou decantarse polas terrazas que dende o dous de xaneiro proliferan a pesar do mal tempo.
Algúns o aceptan con resignación, mentres que outros critican duramente a política do goberno que, por unha banda, prohibe e, por outra, recada. E mesmo hai que opta por deixar de frecuentar os bares e reunirse noutros lugares privados onde si poden fumar.
Sector unido
Pola súa banda, os propietarios de bares e cafeterías consideran que é necesaria unha maior unión do sector para facer presión ante o goberno co fin de que habilite novas medidas alternativas a esta lei.
Precisamente este mércores en Boiro, os representantes da hostalería mantiñan unha xuntanza na sede da patronal local para analizar os efectos que está a ter a aplicación da norma.
Redacción Barbanza










