A Xunta proba en Muros un sistema para medir a calidade da auga con vehículos non tripulados

MUROS> O porto de Muros foi o lugar escollido para a presentación deste innovador sistema automatizado para a medición da calidade da auga a través dun vehículo non tripulado.

Trátase do primeiro destas características e función que vai incorporar a Xunta. Componse dun vehículo aéreo non tripulado e dunha embarcación tamén non tripulada.

Entre outras cuestións permitirá a recollida de mostras e a medición de parámetros de calidade da auga de forma autónoma, os 365 días do ano, incluso en situación adversas, o que mellorará o desenvolvemento da actividade por parte dos profesionais do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño, o Intecmar.

Tamén poderá ser empregado por Augas de Galicia na realización das mostraxes na totalidade de encoros galegos.

Na presentación deste novidoso dispositivo tomaron parte o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, e a conselleira de Mar, Rosa Quintana.

Foi financiado a través do programa Mar 2, grazas á fórmula da Compra Pública Innovadora, a través dunha UTE formada por Indra e polas empresas galegas Sistemas, Soluciones y Proyectos de Información e Adantia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí