Rouban na mesma noite en dous bares do Son e Portosín

roubosportodoson.jpgPORTO DO SON> Dous establecementos hostaleiros do concello de Porto do Son foron vítimas de senllos roubos durante a pasada madrugada.

{flowplayer}barbanza/roubosportodoson.flv{/flowplayer}

Nun deles, situado en pleno casco urbano da vila, os ladróns causaron cuantiosos danos ademais de levar con eles toda a recadación da máquina comecartos. No outro, en Portosín, tan só conseguiron facerse con algunhas botellas.

Farta xa de recibir a visita dos cacos, a propietario do Bar A Roda, situado xusto ó carón da casa consistorial de Porto do Son, xa non sabe que medidas adoptar para disuadilos.

Ós cartos subtraídos hai que engadir os danos ocasionados no local, coa rotura dos cristais da porta e da reixa.

Suceso similar

O roubo na Roda non foi o único acontecido no concello. Tamén na cervexería Nito, en Portosín, recibiron esta desagradable visita aínda que nesta ocasión o botín foi moito menor.

Os delincuentes trataron entrar no bar pero afortunadamente non o conseguiron. Tan só lograron acceder, a través dunha pequena fiestra, ó almacén de onde levaron numerosas botellas. Malia que o seu valor non é moito, os ladróns causaron importantes destrozos nas portas e fiestras do local.

Aínda que se abriron as investigacións oportunas para esclarecer ámbolos dous sucesos, os empresarios non confían demasiado en que se chegue a dar cos autores dos feitos.

Redacción Barbanza