‘Agora á que queda sen acceso á súa casa son eu’

    fotopontecesurescopia.jpg PONTECESURES> A construción dunha entrada para o acceso a unha vivenda está a producir importantes problemas para os propietarios das vivendas veciñas.

    {flowplayer}images/salnes/DenunciaVecinosPontecesures.flv{/flowplayer}

    O problema remontase a moitos anos atrás. O propietario esta vivenda tería solicitado a Augas de Galicia que se lle fixese un acceso a súa vivenda, algo que ata o de agora viría facendo por este camiño.Despois de varios anos o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia deulle a razón dictando unha sentencia que segundo os veciños se basea nun plano feito por el mesmo a man alzada.

    Os veciños aseguran que este home o único que fai é crear problemas e tratar de dificultárllelas cousas ós propietarios das casas que ó rodean. Outra das súas denuncias foi a que rematou cunha orde de derrumbamento doutra das casas da zona.

    O denunciante atopábase na súa casa esta mañá pero non quixo facer declaracións. Os afectados non non descartan recoller firmas ou facer o que sexa necesario para que modifiquen o trazado e lles deixen un acceso ás súas vivendas.

    Redacción Salnés