A Xustiza falla a favor do ex-edil de Urbanismo do Son

absolucionedilurbanismo.jpgPORTO DO SON> A Xustiza absolveu ó ex – edil de urbanismo, José Manuel Vázquez, dun presunto delito de negociacións prohibidas ós funcionarios.

{flowplayer}barbanza/absolucionedilurbanismoson.flv{/flowplayer}

Entre o ano 2000 e 2006, o ex edil socialista, José Manuel Vázquez, adquiriu unha serie de fincas lindeiras na zona do Areal. Daquela, Antonio González Groveiro, que tamén ocupaba un escano na corporación polo Partido Popular denunciouno por un presunto delito de negociacións prohibidas ós funcionarios ó entender que estas operacións realizáranse en base a información privilexiada.

Sen embargo, os feitos probados durante o xuízo amosan que no ano 2001 deuse conta durante unha sesión plenaria dun avance do PXOM. O acusado non entrou a formar parte da corporación ata o 2003 cando xa tódolos grupos da corporación dispoñían da documentación relativa ó PXOM que mesmo fóra exposto ós veciños.

Cabeza de turco

Aínda que satisfeito pola absolución, Vázquez considérase vítima dunha campaña de desprestixio en contra do anterior goberno presidido por Ramón Quintáns. 

Responsabilidades

O actual alcalde, Pastor Rodríguez, considera que unha vez probada a inocencia do seu compañeiro de filas, aqueles que promoveron a denuncia e participaron nas difamacións vertidas sobre el deberían, alomenos, pedir perdón.

Durante o proceso xudicial quedou probado que foron os propios vendedores das fincas os que lle ofreceron a Vázquez os terreos, estando sempre de acordo co prezo pagado. A día de hoxe, as parcelas seguen a ter a mesma calificación urbanística que no momento da compra polo que quedan descartados os fins especulativos.

Redacción Barbanza