![]()
A ILLA> A Deputación de Pontevedra vai a investir nesta anualidade outros 120.000 euros na reforma integral do primeiro andar da sé da Confraría de…
{flowplayer}images/salnes/louzan_confraria_illa.flv{/flowplayer}
… San Xulián, da Illa de Arousa; unha obra que acada supera o orzamento global dos 400.000 euros. Deste xeito, o ente provincial completará a remodelación deste edificio de 38 anos de antigüidade. Con estes cartos, a institución provincial financiará o novo proxecto complementario e acometerá as obras; namentres a Confraría da Illa deberá obter a licenza correspondente.
A maiores a Deputación pontevedresa comprometeuse a aportar os 40.000 euros que lle correspondía achegar á Confraría insular na certificación das obras do ano pasado; pero que non foi quen de asumir por mor da crise.
En virtude deste novo acordo, o pósito da Illa contará no prazo dun mes cun edificio totalmente remodelado, adaptado ás persoas de mobilidade reducida e con novos espazos acondicionados para calquera tipo de reunión, sesión formativa ou despacho vencellado ó eido mariño deste Concello.
Redacción Salnés







