Marlene Morreu visita Cambados e amosa a súa devoción polo Albariño

    CAMBADOS > Cambados viviu hoxe unha visita moi especial, a primeira desta edición número LV da Festa do Albariño. A vedette francesa Marlene Morreau visitou os stands de degustación do Paseo da Calzada e fixo as ledicias dos seus admiradores que, como se pudio comprobar durante a visita da artista, son lexión no concello cambadés.

    marlene_300_020807__still_001.jpgO alcalde de Cambados, José Manuel Cores Tourís recibiu no concello á unha espectacular Marlene Morreau que chegou a súa cita uns minutos máis tarde do previsto. A francesa compensou con creces ós seus seguidores que lle amosaron o cariño que Cambados lle ten a Marlene, e ela… encantada.  Durante a visita polo Paseo da Calzada ós stands de degustación, a artista francesa amosou o seu interese e admiración tanto polo albariño como pola comida da nosa terra.

    Ademais, a artista que pola noite representará na vila un extracto do seu espéctaculo, quixo recalcar a importancia de marlenetouris_200_020807__still_001.jpgGalicia na súa traxectoria no noso país e o agarimo que lles ten á nosa terra. A francesa asegurou que o público galego foi determinante á hora de cambiar o seu domicilio para España. A vedette incluso bromeou coa prensa e co alcalde sobre a posibilidade de atopar un amor en Cambados durante esta festa. Os veciños de Cambados non puideron evitar o impulso de achegarse a unha simpática Marlene que encandilou ós presentes coa súa forza.

    Redacción Salnés