Ferido leve ó emborcar a súa furgoneta nunha rotonda

    accidente_portonovo copia.jpg SANXENXO> O sinistro tivo lugar onte en torno ás nove da noite e nel víronse implicados dous vehículos. Ó parecer todo se debeu a unha manobra brusca tras un despiste.

    {flowplayer}images/salnes/ACCIDENTE_PORTONOVO.flv{/flowplayer}

    A pesar do volume de efectivos despregado e o gran número de curiosos que se achegaron ó lugar, o accidente saldouse cun único ferido, en principio de carácter leve. Ocorría en torno ás nove da noite na rotonda que dá acceso ó porto de Portonovo, en Sanxenxo. Aínda están por determinar as causas exactas do sinistro, pero as primeiras hipóteses apuntan a que se debeu a un despiste. Ó parecer o condutor da ‘Mercedes Vito’ azul, entraría na glorieta sen decatarse da presenza do outro vehículo. Ó velo ó seu carón, daría un volantazo para intentar esquivalo, pero non puido e bateu con el lateralmente. Por efecto do choque e probablemente, da brusquedade da manobra realizada, a Mercedes acabou emborcando.

    O seu condutor, veciño de Portonovo, resultou ferido, en principio leve. Queixábase dunhas molestias no pescozo, polo que foi trasladado en ambulancia a un centro hospitalario. O ocupante do outro vehículo saíu ileso.

    Redacción Salnés