Vilagarcía estrea a vindeira semana o Teletaxi

    VILAGARCIA> Os taxistas vilagarciáns asociados á Asociación do Taxi de Vigo están a instaurar na capital arousá o servicio de Teletaxi; …

    {flowplayer}images/salnes/protestas_taxistas_vilagarcia.flv{/flowplayer}

     …un novo xeito de transporte coordinado por GPS no que se empregan as novas tecnoloxías para buscar a eficiencia, tanto para o profesional como para a clientela. Unha vez que un cliente solicita por teléfono este servicio, a central de chamadas envíalles o que está fisicamente máis preto.

    Cada vehículo leva incorporada unha tablet e unha antena de GPS que os localiza non só a eles vía satélite, senón que se vale da Rede para indicarlles as paradas de taxis máis próximas, a frecuencia ca que están traballando os seus compañeiros nas distintas paradas, e outros datos de interese.

    Asemade, este sistema é un dispositivo de seguridade máis posto que a súa centraliña controla de xeito remoto os seus desprazamentos e ponse en contacto con eles en caso de incidencia. Desde Teletaxi non queren entrar en polémica sobre a instalación deste servicio que eles entenden que non debera prexudicar á outra centraliña que opera nesta cidade, a de RadioTaxi Vilagarcía.

    O outro punto de desencontro encontrámolo tamén na idoneidade da segunda parada que propoñen para a cidade. Teletaxi Vilagarcía reclámaa na Rúa Doutor Tourón por entender que o emprazamento máis eficiente. Haberá que agardar ata o vindeiro luns día 9 para poder estrear este servicio, data na que xa estará plenamente operativo tralas probas desta semana.

    Redacción Salnés