Nauta Sanxenxo instalará unha depuradora no porto deportivo

    porto_deportivo100.jpgSANXENXO> O porto deportivo contará cunha depuradora que favorecerá a reparación e limpeza de embarcacións no varadoiro.

    A empresa municipal Nauta investirá para iso 80 mil euros.

    Segundo explica o Concello será necesario habilitar unha planta na zona na que se realizan as tarefas de limpeza, desde onde se canalizará a auga sucia cara unha caseta que albergará unha depuradora físico – química compacta. Este dispositivo filtrará as augas procedentes do lavado de barcos e complementará a xestión de residuos que se desenvolve xa desde o porto deportivo.

    O Concello lembra que o recinto conta con recollida selectiva de lixo, un eco punto, bombeo de augas sentinas e de residuais, e recollida de aceites usados. Tamén se puxeron en marcha accións para optimizar a capacidade lumínica e o consumo de auga. Ademais disto, Nauta ten previsto colocar proximamente outro eco punto, que estará situado no varadoiro, que se destinaría a almacenar residuos perigosos.

    Desde o Concello de Sanxenxo esperan que estas medidas contribúan a que este verán ondee de novo a bandeira azul neste porto deportivo.

    Redacción Salnés