Jealsa entrega material de protección ó persoal sanitario da área Santiago-Barbanza

BARBANZA> O número de doazóns  a nivel empresarial e particular nestes tempos de crise continúa a un ritmo alto. Un exemplo deste compromiso social é a empresa Jealsa que hai uns días facía entrega á xerencia hospitalaria de Santiago-Barbanza dunha partida dunhas dúas mil mascarillas FFP2 para uso por parte dos profesionais dos hospitais desta área sanitaria. Esta doazón, súmase a outras entregas realizadas anteriormente pola conserveira ós centros de saúde de Boiro, A Pobra, Ribeira e Rianxo, así como á Asociación Amicos. Ademais destas aportacións específicas para o persoal sanitario, Jealsa tamén realizou outras achegas a concellos e diversas entidades da comarca que suman un total de máis de 50 mil proteccións faciais, na súa maioría elaboradas pola firma téxtil Jealfer, que pertence ao mesmo grupo empresarial.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí