O PP apela ó sector do mar a apoiar un goberno popular que defenda os seus intereses

PORTO DO SON> O Partido Popular celebrou un dos seus actos de campaña en Porto do Son onde tivo lugar un encontro co sector do mar. Ademais do actual Conselleiro, Alfonso Villares, participaron no encontro a súa antecesora e candidata ó congreso Rosa Quintana, así como os aspirantes ó Congreso e ó Senado, Miguel Tellado e Manuel Ruíz.

O mar centrou o acto electoral do PP celebrado este mediodía en Porto do Son. Foi un encontro con patróns maiores, armadores e representantes dos distintos segmento de flota, no que fixeron un repaso das principais necesidades do sector de cara ós próximos anos. Necesidades que, segundo ós candidatos ó Congreso e ó Senado, tan só poder ser ben atendidas por un goberno cun galego como Alberto Núñez Feijóo á cabeza.

A actual número 2 ó Congreso pola provincia de Ourense e ex conselleira do Mar fixo un repaso polos últimos anos á fronte da Consellería nos que dixo non atopou un goberno do estado que defendese os intereses do sector pesqueiro.