Boudebou, Os Carecos e Os Melidaos no regreso do festival de Xironsa

CAMBADOS> A asociación Xironsa de Cambados recupera este ano o seu festival, logo de ter que cancelalo o ano pasado por falta de apoios económicos. A cita será o vindeiro sábado 6 de xullo, cunha proposta que recolle actuacións pensadas para todas as idades.

Arrancará cunha alborada de Penaguda e Xironsa e, como novidade, unha sesión vermú a cargo da Banda de Música de Ribadumia. Ao mediodía organizarase o tradicional xantar popular, ao que lle seguirán pola tarde xogos populares, a actuación de Take it Easy e un espectáculo de Peter Punk. Pola noite, o cartel complétase con Xironsa, Boudebou, Os Carecos e Os Melidaos.

O festival terá lugar na praza da Seca de Corvillón.