O cerco galego oponse ó peche total da sardiña

    PORTO DO SON> Satisfacción entre a flota galega do cerco que vén de recibir un millón duascentas mil toneladas de cota adicional de xurelo. Estas novas posibilidades de pesca supoñen un respiro para o sector que leva semanas coa pesqueiría da sardiña pechada. Cando tan só quedaban cincocentas toneladas de cota de xurelo por consumir, ACERGA vén de recibir unha alegría en forma de cota adicional que lles permitirá prolongar a pesquería ata fin de ano. Nas últimas semanas o xurelo converteuse na principal especie do cerco galego posto que aínda que está aberto o bocarte, polo momento é pequeno e non acada valor comercial. A sardiña pola contra leva semanas pechada. Dende ACERGA son partidarios dun plan que permita a recuperación do especie progresivamente pero opóñense ó peche total da pesqueiría, tal e como aconsellan algúns informes científicos. De levarse a cabo, a flota non podería sobrevivir posto que a sardiña supón a metade dos ingresos do cerco galego. Propoñen retrasar a apertura un mes co fin de que se poida pescar en outubro e novembro, época de maior demanda nas conserveiras.