Unha familia de Noia reduce ó ladrón que entrou na súa vivenda

intentoroubonoia.jpgNOIA> Un individuo accedeu ó interior dunha vivenda no Couto e esixiulle diñeiro á súa propietaria. Afortunadamente , os familiares conseguiron reducir ó ladrón.

{flowplayer}barbanza/intentoroubonoia.flv{/flowplayer}

Os feitos aconteceron pasadas as catro da tarde do martes. Aínda que no barrio do Couto ninguén se decatou do que estaba a acontecer, María Luisa e a súa familia viviron un auténtico pesadelo.

Un home encapuchado chamou á porta e cando a propietaria lle abriu agarrouna con forza introducíndoa no interior da vivenda. Afortunadamente, os gritos alertaron ó marido e á filla e entre os tres conseguiron reter ó asaltante ata que chegou a policía.

Forcexo

Afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais posto que o intruso non portaba armas e a agresión limitouse a un forcexo.

Aínda así, dende a policía insisten en que nestes casos a mellor opción non sempre é facer fronte ós asaltantes, sendo preferible entregarlles o que piden para non poñer en risco a integridade física ou mesmo a vida.

O individuo, un veciño de Noia de corenta anos con iniciais G.A.L. foi detido e posto a disposición xudicial.

Redacción Barbanza