Noia acollerá o Campionato Galego de Full Contact

NOIA> Noia será sede este domingo do Campionato Galego de Full Contact, na modalidade ‘Light Combact’. O torneo, organizado colo Club ITF en colaboración coa Federacións Galega de Kick Boxing, desenvolverase no pavillón Agustín Mourís. As eliminatorias darán comezo a partir das dez da mañá e as finais serán de catro a sete.

Os afeccionados ó kick boxing terán unha cita este próximo domingo en Noia coa disputa do Campionato Galego de Full Contact, na modalidade Light Combact. A cita, que está organizada polo club local, o ITF, en colaboración coa Federacións Galega de Kick Boxing, reunirá a máis de 400 loitadores de distintas categorías e idades chegados dende diferentes clubs de toda Galicia.

Dende o Concello aplauden este tipo de iniciativas pola organización desta cita do máis alto nivel competitivo ó tempo que loou o traballo realizado ó longo destes anos polo club organizador.

O campionato celebrarase no pavillón Agustín Mourís. Na xornada de mañá, entre as dez e as dúas, despois das pesaxes, terán lugar ás eliminatorias, e xa pola tarde, entre as catro e as sete, disputaranse as finais correspondentes a cada modalidade en competición. Dende a organización agradeceron ademais a colaboración do Concello e as distintas casas comerciais, xa que sen a súa axuda sería practicamente inviable poder chegar a realizar este Campionato.