Concentración de CCOO e UXT en contra da reforma das pensións

    CONCENTRACION_CCOO_UXTcopy.jpgSALNÉS> Membros de ambas centrais sindicais manifestáronse diante do Instituto Nacional da Seguridade Social de Vilagarcía.

    {flowplayer}images/salnes/PECHE_SINDICATOS_OFICINAS_INSS.flv{/flowplayer}

    Durante máis dunha hora unhas vinte persoas de ambos sindicatos concentráronse con pancartas e repartiron panfletos diante da oficina do INSS en Vilagarcía.

    O fixeron para mostrar o seu apoio ós membros de CCOO e de UXT que están levando a cabo a negociación co goberno central para evitar a reforma das pensións.

    Durante a concentración tamén se manifestaron dentro do edificio de maneira silenciosa o que permitiu o normal funcionamento das oficinais.

    Polo momento, tal e coma explicaron ambas centrais sindicais van agardar a coñecer o resultado da negociación. No caso de que siga adiante a reforma convocarán unha folga xeral.

    Por iso, consideran que a folga convocada pola CIG para o día 27 foi unha decisión anticipada e que vai ter pouca repercusión.

    No caso de que teñan que convocar unha folga xeral aínda está por determinar a data na que a farán.

    Redacción Salnés