Cambados investirá 240 mil euros dos fondos Next Generation na renovación da rúa Riveira de Fefiñáns

CAMBADOS> Cambados opta a 500 mil euros dos fondos Next Generation que investirá en mellorar as rúas e potenciar os negocios de vila. A metade do orzamento proxectarase na renovación da rúa Riveira de Fefiñáns. A outra metade, investirase noutras medidas como a formación en dixitalización para pequenos negocios ou a posta en valor da Torre de San Sadurniño.

O Concello de Cambados presenta os proxectos cos que a vila optará aos fondos Next Generation. Polo número de habitantes, o concello podería recibir ata 500 mil euros. Unha financiación que será investida en dous tipos de proxectos. O primeiro deles será a renovación das estradas e servizos da rúa Riveira de Fefiñáns.

A intervención afectará ao redor de 700 metros de rúa, dende o Parador ata a rotonda do Pombal. A outra metade do orzamento investirase en diferentes proxectos para promocionar o turismo e o comercio.

Ademais destas iniciativas, Cambados tamén adquirirá unha máquina para a reciclaxe de botellas de plástico na praza de abastos, instalará cámaras de seguirades nos aparcadoiros para mellorar a vixilancia e controlar o número de prazas libres e se instalarán seis tótems dixitais que entre as súas informacións, dará publicidade aos comercios de Cambados. Medidas que agradecen os negocios da vila.

O goberno local estará pendente agora da aprobación destes proxectos. Unha aprobación que pode ser total ou parcial. En caso de ser parcial, o concello aportará os investimentos restantes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí