O PP aposta por ampliar o cemiterio en función da demanda

    alternativacemiterio.jpgBOIRO> O PP presentou a súa alternativa á ampliación do cemiterio de Vista Alegre na que apostan polo aproveitamento da edificabilidade da superficie útil.

    {flowplayer}barbanza/alternativacemiterioppboiro.flv{/flowplayer}

    Os populares opuxéronse dende o inicio á proposta do executivo que contemplaba a creación de 1.746 novos nichos, que se sumarían ós 2.600 existentes. Esta previsión parécelles desproporcionada polo que o PP propón rebaixar o crecemento a 612 nichos, 672 columbarios e unha pequena superficie para tumbas en terra. Isto faríase aproveitando o 4’5 por cento de edificabilidade do que aínda dispón o cemiterio. A redución dos custos implicaría un aforro de 746 euros por nicho.

    En canto á urbanización interior propoñen tamén unha serie de melloras como a construción de beirarrúas, a mellora da accesibilidade, a dotación de equipamento e mobiliario urbano e a creación de novas zonas verdes.

    Aparcamentos

    Polo que respecta ó aparcadoiro, consideran tamén esaxerada a creación de 135 prazas nun espazo que ademais presenta problemas de accesibilidade xa que hai unha distancia de 125 metros ata a entrada do camposanto cunha pendente do oito por cento. Como alternativa propoñen o aproveitamento dos espazos da parte lonxitudinal cara a posterior.

    Futuras ampliacións

    Tras esta primeira fase, quedaría pendente a ampliación en fases sucesivas que se proxectarían en función das demandas.

    Redacción Barbanza