Acuaes acometerá obras complementarias de desodorización na EDAR de Ribeira

    RIBEIRA> Os afectados pola EDAR de Ribeira saíron razoablemente satisfeitos da xuntanza mantida a pasada tarde cos responsables da administración. Acuaes, a empresa que executou as obras, comprometeuse a realizar traballos de desodorización para eliminar por completo o problema de cheiros que sofren os veciños dos Areeiros. Solución definitiva pero a longo prazo. Este é o compromiso que obtiveron os afectados pola depuradora de Ribeira por parte dos representantes de Acuaes, empresa pública responsable das obras da EDAR. No transcurso dunha xuntanza, á que tamén asistiron representantes de Agas de Galicia e da corporación municial, a empresa comprometeuse á realización de obras complementarias de desodorización en cada un dos bombeos para eliminar os problemas detectados nun exhaustivo estudo que se vén de elaborar. Os afectados confían na resolución definitiva do problema aínda que son conscientes de que haberá que agardar. Os prazos barallados sitúan o fin das obras en agosto de 2018. Durante a xuntanza informouse tamén as melloras que xa se teñen acometido no sistema de bombeo e que, tal e como recoñecen os propios veciños, teñen suposto algunhas melloras. Ademais analizáronse outras actuacións complementarias que quedan pendentes para o correcto funcionamento das instalacións. Os afectados quedaron emprazados a unha futura reunión en setembro.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí