A oposición valora a dimisión de Carlos Guerrero

    carlos_guerrerocopy_.jpgVILAGARCÍA> Todos mostraron ó seu respecto á decisión do socialista pero consideran que é froito da desorganización do PSOE.

    {flowplayer}images/salnes/REACCIONS_RENUNCIA_CARLOS_GUERRERO.flv{/flowplayer}

    Despois de todo o acontecido e o rebumbio que ocasionou a renunciar de Carlos Guerrero á alcaldía de Vilagarcía, as reaccións por parte dos grupos da oposición non se fixeron agardar.

    Desde o punto de vista persoal, todos mostraron a súa comprensión e respecto á renuncia do ex edil socialista. No aspecto político, as lecturas son ven diferentes. Segundo o voceiro do Partido Popular, Tomás Fole, esta nova é un síntoma máis da desorganización e o caos que se respira no seo do partido. Valoración coa que coincidiu o líder de IVIL.

     Pola súa banda, o cabeza de lista de Ezquerda Unida, Juan Fajardo valorou que esta decisión era agardada e que nestes intres, o PSOE de Vilagarcía non é un partido que se poida tomar en serio.

    O Bloque Nacionalista Galego considerou que lle toca ós socialistas reorientar o seu proxecto fronte á cidadanía que poida sentir unha certa decepción. O seu voceiro engade que son a alternativa para as vindeiras municipais.

    Haberá que agardar a coñecer o desenvolvemento dos acontecementos e o novo proceso no que se atopan inmersos os socialistas para a elección dun novo candidato de cara os comicios do 22 de maio.

    Redacción Salnés