RIANXO> A corporación municipal debaterá mañá a proposta da alcaldía na que figuran as obras a acometer con cargo ó Plan Provincial de Obras e Servizos para este ano 2024.
En total serán catro proxectos os que se financiarán coa achega da Deputación: o saneamento e o abastecemento de auga do núcleo de Villanustre, na parroquia de Asados; un treito da rede de abastecemento entre Corques e Outeiro, en Taragoña, e dúas fases da mellora do alumeado no paseo marítimo.
Tamén se se destinará parte do POS deste ano, aproximadamente uns 84 mil euros, a gasto corrente.
Dende o equipo de goberno confían en poder sacar adiante este punto, unha vez que a proposta foi valorada e dialogada co resto de grupos que conforman a corporación municipal.