Ares renuncia a súa acta de edil na corporación boirense

    renunciaares.jpgBOIRO> Jorge Campaña, actual responsable local, asumirá o seu posto na corporación boirense.

    {flowplayer}barbanza/renunciaares.flv{/flowplayer}

    Despois de 25 anos de dedicación case ininterrompida á política municipal, o socialista Xoán Xesús Ares abandona a política activa, entregando a súa acta de edil. Ares xustificou a súa decisión, que xa leva meditando dende hai tempo, a motivos persoais e laborais.

    Agradecementos

    O xa ex-edil socialista tivo tempo para agradecer a tódolos veciños de Boiro, así coma os seus compañeiros de partido e de corporación, o feito de ter podido formar parte nestes anos da política local boirense.

    Relevo

    O actual responsable local do partido, Jorge Campaña, será a persoa que recollerá o seu testemuño, despois da renuncia tamén de Alina Fernández, quen ocupara o terceiro lugar nas listas coa que os socialistas concorreron ás pasadas eleccións municipais.

    Redacción Barbanza