![]()
VILAGARCÍA> Esta semana o Xuven volve a xogar na casa despois de case un mes sen facelo. Enfrontarase ó Ourense Capital Termal. Mentres o Extrugasa desprazouse hoxe a Madrid de onde mañá parte cara Valencia, onde se enfrontará ó potente Ros Casares, serio candidato a revalidar o título de liga.
{flowplayer}images/salnes/baloncesto_210111.flv{/flowplayer}
Mañá comeza para o Extrugasa unha serie de partidos a domicilio dos que ó inicio de temporada marcáronse como derrotas. A primeira parada faise esta xornada en Valencia, ante o Ros Casares. En quince días haberá que visitar a cancha do Rivas Ecópolis, o campìón de Copa, e despois de pasar por Hondarribia, tocará Salamanca, ante o líder Perfumerías Avenida. Tito Díaz, adestrador do Extrugasa, concéntrase tan só no desta fin de semana. Será difícil, pero imposible non hai nada.
O dominio das valencianas a nivel nacional nos últimos na anos foi incuestionable, ata esta temporada no que Perfumerías, Rivas e incluso Mann Filter están a plantarlle cara. Tito Díaz opina que a diferencia existente entre estes catro equipos e o resto é inmensa. Pese a iso, non queren dar o partido por perdido e xogarán as súas armas.
Mandissa Stevensson é a única dúbida para este encontro. A norteamericana non se adestrou o mércores e onte fíxoo a un ritmo menor por mor dunha gripe, da que esperan que esté recuperada para o sábado.
No baloncesto masculino o Xuven busca seguir coa súa boa liña de resultados que o levaron ata a cuarta posición da xeral. Esta semana recibe ó Ourense Capital Termal, un equipo contra o que caeu no encontro da ida, polo que hai ánimos de revancha. O seu rival é arestora séptimo na xeral, con cinco victorias en once partidos, dúas menos que os cambadeses, polo que un triunfo dos de Diego Doval afastaría moito a un rival por esa cuarta posición da táboa.
Redacción Salnés






