Os catro detidos trala incautación de 60 kg de cocaína, xa en prisión

    cocaina copia100.jpgCAMBADOS> A Garda Civil mantén a investigación aberta e non descarta que se produzan novas detencións.

    {flowplayer}images/salnes/DETIDOS_COCAINA.flv{/flowplayer}

    Xa se atopan no cárcere da Lama os catro detidos pola operación que o pasado xoves localizou un alixo de 60 quilos de cocaína no porto de Vigo, procedente de Sudamérica. Dous dos detidos, entre eles un veciño de Cambados e presunto cabecilla da rede de narcotráfico, xa ingresaran onte en prisión, despois de prestar declaración durante toda a tarde no xulgado de instrución número catro de Cambados.

    Hoxe, ó redor das 12 e cuarto do mediodía, pasaban a disposición xudicial os outros dous detidos, veciños de Madrid. Despois de prestar declaración a xuíza tamén decretaba o seu ingreso en prisión. Segundo fontes da investigación, entre eles estaría o encargado de iniciar e negociar os contactos cos cárteles sudamericanos para o transporte da droga.

    Con esta operación, que comezou hai varios días con varios rexistros domiciliarios en Cambados, o Equipo contra a delincuencia e antidroga da Garda Civil desarticulou unha rede de tráfico de estupefacientes, que presuntamente introducía a droga na Península a través de contedores. Sen embargo, a investigación sinala que este alixo podería tratarse dun gancho para distraer a atención das forzas de seguridade coa intención de introducir unha cantidade maior, polo que a operación aínda permanece aberta e non se descarta que se produzan novas detencións.

    Redacción Salnés