O primeiro informe do proxecto Ambarulla sinala a influencia do embalse de Portodemouros no Río Ulla e na Ría de Arousa

VILAGARCÍA>  O primeiro informe do proxecto Ambarulla sobre o estado das augas da ría de Arousa sinala a influencia do embalse de Portodemouros. Segundo o informe elaborado polo instituto de investigacións mariñas, a conca baixa do río Ulla é moi dependente dos procesos bioxeoquímicos que teñen lugar en dito embalse e nos afluentes deste río. Atendendo a estas conclusión, dende Cobres San Rafael anunciaron que construirán unha depuradora para tratar esas augas.

A empresa Cobre San Rafael contratou no 2019 un estudo dos sedimentos e da calidade da auga do Rio Ulla e da Ría de Arousa ao Consello Superior de investigacións científicas e ao Instituto de Investigacións Mariñas. Baixo o nome de proxecto Ambarulla, o obxectivo era coñecer a situación da auga e o seu estado de contaminación. Tras dous anos de investigación, o proxecto arroxa as súas primeiras conclusións e sinala ao embalse de Portodemouros.

Dende o centro de investigacións mariñas aconsellan controlar o auga no interior do embalse, facer un seguimento de catro dos afluentes do Ulla e un saneamento doutro deles, o río Sar, controlar as verteduras no tramo de Padrón a Catoira e na parte interna da río facer un seguimento das actividades marisqueiras.

Tralo resultado deste informe, dende Cobre San Rafel anunciaron que levarán a cabo un proxecto para drenar estes ríos.

No proxecto tamén colaboran os Parquistas de Carril. Para agrupación é unha oportunidade para coñecer a situación do río e o que provoca as rías. A influencia do embalse xa era unha das súas sospeitas.

O proxecto e as investigacións continúan en marcha. Esta mañá os investigadores estiveron collendo mostras dentro do porto de Carril.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí