Seis estudantes reviven a sala de cine Don Juan

    donjuan copia100.jpgSANXENXO> O documental fai un repaso da historia deste cine de Vilalonga en base ós recordos dos seus traballadores.

    {flowplayer}images/salnes/REPOR_CINE_DON_JUAN.flv{/flowplayer}

    Durante gran parte do século XX, o pequeno pobo de Vilalonga, en Sanxenxo, tivo cine. Cine Torres e, a partires de 1976, Don Juan, foi o nome da sala que a través da súa pantalla ofreceu dende as aventuras mudas de Charles Chaplin ata as últimas estreas dos anos 80. Despois de preto de 30 anos cos proxectores apagados, un grupo de seis alumnos da Escola de Imaxe e Son de A Coruña queren recordar a súa grandeza.

    En outubro Elva Martínez comezou a excavar na historia desta sala, axudada por outros seis compañeiros. Entón averiguaron que o Cine Torres nacera sobre 1934, que fora ocupado polo exército nacional durante a Guerra Civil no 36, e que ó finalizar a Guerra, recibiron as películas sonoras. A partires de entón, o cine mudou continuamente de propietarios.

    Baixo o nome Cine Don Juan e xa coas súas 600 butacas, a sala pechou as súas portas nos anos 80, ó non pode resistir os conflitos entre a familia propietaria nin competir coa televisión. Todos estes datos, a súa historia, estarán recollidos no documental que, sen embargo, busca ir un paso máis aló.

    Entrevistas, a historia desta sala e pequenas recreacións formarán a metraxe de “Cine no pobo”, o título que recordará a vida do cine Torres, o cine Don Juan.

    Redacción Salnés