VILAGARCÍA> Finalizan as obras da praza da Independencia de Vilagarcía. A reforma centrouse na peonalización de dúas das rúas laterais e da fonte. Tanto os veciños como os negocios móstranse contentos co resultado.
Os veciños de Vilagarcía xa poden gozar da nova praza da Indepenencia. A peonalización de dúas das rúas laterais e as melloras na fonte centraron os traballos. Un resultado que agrada aos veciños.
Os propietarios dos negocios da zona tamén mostra a súa satisfacción co novo aspecto da praza.
Despois de 5 meses de obras non toda a veciñanza vía necesaria esta reforma.
O proxecto foi financiado cos fondos feder co obxetivo de continuar coa peonalización do centro da vila. Mañá terá lugar unha inauguración simbólica por parte dos comerciantes e veciños da zona.