A ILLA, RIBADUMIA> Os alcaldes de Ribadumia e a Illa denuncia a falta de pediatría nos seus concellos. O Sergas deixou de prestar nos municipios un servizo que ambas vilas compartían dende hai meses. Os preto de 2 mil nenos e nenas de ambas localidades son derivados agora ao centro de saúde de Cambados.
Dun día para outro, e sen previo aviso, os concellos de Ribadumia e A Illa quedaron sen servizo de pediatría. Así o indican os alcaldes de ambas localidades, que tras meses compartindo o pediatra agora quedáronse sen servizo.
Preto de 2 mil nenos e nenas de ambas vilas vense afectados pola falta deste servizo. A alternativa que teñen é desprazarse a Cambados.
Dende as vilas consideran que teñen unhas cifras de poboación moza suficientes como para dispoñer cada unha do seu propio servizo de pediatría.
Ambos concellos piden a volta do servizo e reclaman ao Sergas que non tome decisións sen informar aos gobernos locais.
Os alcaldes descartan polo de agora mobilizar ás súas poboacións, pero agardan que o Sergas responda as súas peticións e dote aos veciños de ambos concellos dun servizo moi necesario.