BARRO> Así o anunciou esta mañá o Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, na súa visita ás obras do enlace de Curro.
{flowplayer}images/salnes/VISITA_HERNANDEZ_OBRAS_CURRO.flv{/flowplayer}
Antes da visita ás obras do enlace de Curro, Agustín Hernández desprazouse ata o concello de Barro no que mantivo unha xuntanza co alcalde da localidade. Xa no terreo tiveron ocasión de supervisalos traballos que, tal e coma informou o conselleiro de Medio Ambiente, avanzan a bo ritmo.
Anunciou, ademais, que este ano estará rematado o proxecto para a mellora da estrada Pontevedra Baión que suporá un investimento de máis de dez millóns de euros.
Durante a visita estivo acompañado polos alcaldes de Barro e Meis, ademais do Delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís e o Presidente da Deputación, Rafael Louzán. Hernández informou que xa está adxudicado o primeiro treito da Autovía Pontevedra- Vilagarcía, o enlace de Curro co enlace de Costas, cuxos traballos comezarán no segundo trimestre do ano.
O mesmo tempo, no macronudo estase a executar a segunda fase dos desvíos necesarios para continuar cos traballos de drenaxe, movemento de terras na zona este e construción de estruturas. Estes traballos, que contan cun orzamento de máis de trinta e nove millóns de euros, está previsto rematen a mediados do 2012.
Redacción Salnés