Costas reparará con urxencia os danos no paseo do Areal

    danospaseoareal.jpgPOBRA> A forza do mar causou graves danos na base do paseo marítimo do Areal. Os técnicos de Costas estudan a mellor solución.

    {flowplayer}barbanza/danospaseoareal.flv{/flowplayer}

    Desta volta, o paseo do Areal que leva máis dunha década construído non puido aguantar a forza do mar que acabou ocasionando danos graves na súa estrutura

    Actuación urxente

    Os técnicos de Costas desprazáronse ata A Pobra para avaliar os danos. O xefe de proxectos explicou que son maiores que os agardados posto que o muro de contención desprazouse. Por esta razón será preciso actuar canto antes, cando determinen a mellor solución posible entre as alternativas que barallan e se habiliten as vías de financiacións.

    Dende o concello agradeceron a premura da Demarcación de Costas en atender as súas demandas para reparar o paseo de xeito urxente.

    Redacción Barbanza