![]()
VILAGARCÍA> A comisión pola recuperación do patrimonio xunto a Zona Aberta teñen en marcha unha campaña para poñer en valor estes restos arqueolóxicos.
{flowplayer}images/salnes/RESTOS_ARQUEOLOXICOS_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}
Comezaron hai dous días e xa levan unhas 700 firmas recollidas. A iniciativa partiu da Comisión pola Recuperación do Patrimonio Histórico de Vilagarcía e o certo é que está a contar cun amplo respaldo por parte da cidadanía. Polo de agora xa teñen o apoio de Zona Aberta. Como ocorrera cos bancos de Ravella, xa foron moitos os veciños que recuperaron fotografías antigas e incluso acudiron ó arquivo municipal para rescatar as instantáneas nas que se ve como era a pasarela no seu tempo.
O achado descubriuse nunha cata previa ó comezo das obras de peonalización da Rúa Arzobispo Lago. A pasarela comunicaba o conxunto arquitectónico de Vista Alegre coa antiga igrexa de Santa Eulalia. Para poñer estes restos en valor, propoñen alternativas como cubrir a vía cun cristal ou superficie transparente que permita observalos.
A recollida de sinaturas manterase ata o vindeiro luns. Os colectivos teñen instalada unha mesa na Praza de Galicia e outra na mesma rúa Arzobispo Lago, aínda que coa chuvia se recollen. Tamén se pode firmar en calquera dos comercios asociados ó colectivo Zona Aberta. O próximo martes farán reconto de sinaturas e a continuación presentaranas no concello.
Redacción Salnés










