A escola unitaria de Aralde clausura o seu programa de igualdade

    aralde100_130608.jpgVILAGARCÍA > A cor rosa presidiu hoxe a clausura das actividades de promoción da igualdade desenvolvidas na escola unitaria de Aralde.

    {flowplayer}images/salnes/igualdade_aralde.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA > Os nenos da escola unitaria de Aralde, en Vilagarcía, celebraron hoxe a clausura das actividades de promoción da igualdade desenvolvidas neste centro. Como símbolo decidiron vestir todos, homes e mulleres, algunha prenda de cor rosa.

    Durante o curso os doce cativos desta escola, con idades de entre 3 e 6 anos, ensináronlles a facer as tarefas domésticas en igualdade de xénero para que logo as reproducisen na casa, na compaña dos pais. Segundo explicou a directora, ó comezo da actividade un 40 por cento dos pais botaba unha man nas tarefas da casa e agora, ó remate do curso a porcentaxe ascendeu ó 95 por cento.

    As edís de Educación e Muller de Vilagarcía participaron tamén da clausura destapando unha placa na que se describe a unitaria de Aralde como escola e parque da Igualdade. Ambas recibiron cadanseu agasallo de parte dos alumnos e outro para a alcaldesa Dolores García. Susana Camiño e Victoria Hierro destacaron a importancia da educación en igualdade desde a infancia.

    A Escola Unitaria de Aralde soubo hoxe ademais que se atopa entre os tres finalistas do II Premio de Igualdade, que convoca o Concello de Vilagarcía.

    Redacción Salnés