![]()
CALDAS> Aseguran que a planta atravesa unha situación ‘delicada’, con paros puntuais na produción e a ameaza dun ERE temporal.
{flowplayer}images/salnes/COMITE_EMPRESA_CLESA.flv{/flowplayer}
Os atrasos no cobro das nóminas durante o último ano comezaron a crear certa inquedanza entre os 160 traballadores da planta de Clesa en Caldas. Pero agora, os paros puntuais nas liñas de produción pola falta de materia prima e o anuncio dun ERE temporal por parte da empresa está a provocar que a preocupación calle entre o plantel. Aínda que desde Nueva Rumasa, grupo ó que pertence, aseguran que non van a despedir a ninguén, o comité de empresa xa comezou os contactos coas administracións coa fin de recadar apoios polo que poida pasar.
Polo de agora reuníronse cos representantes da corporación municipal e coa subdirectora xeral de traballo. Nos dous casos lles transmitiron o seu compromiso para evitar a perda dunha empresa fundamental na comarca e en Galicia.
A presidenta do comité de empresa, Dolores Ramos, confirmou que nesta semana os traballadores xa cobraron a mensualidade que se lles debía, a de decembro, pero aínda queda pendente a paga extra de Nadal. Tamén nestes días o grupo Nueva Rumasa lanzou unha mensaxe de tranquilidade ó asegurar que ían concentrar en Caldas a produción de iougures e postres, aínda que os rumores do ERE planean tamén sobre as fábricas de Clesa en Madrid, Sevilla ou a planta de Royne de Madrid.
Redacción Salnés







