Pequenos condutores aprenden as bases da educación vial

    seguridade copia100.jpgSANXENXO> O ximnasio do colexio Abrente converteuse nun circuíto onde 25 alumnos de tres anos ensaiaron as normas.

    {flowplayer}images/salnes/COLEXIO_ABRENTE.flv{/flowplayer}

    Facer que os pequenos tiveran un primeiro contacto coas normas básicas de comportamento na estrada, foi o obxectivo da actividade. Pasos de peóns, semáforos, rotondas ou sinais de stop, formaron este circuíto a escala, para por a proba os coñecementos dos rapaces.

    Este é o terceiro ano que o concello de Sanxenxo organiza esta iniciativa, que tamén se complementa con clases teóricas previas. Durante o percorrido do circuíto, os pequenos equipados con bicicletas e cascos están baixo a vixilancia de mestras e alumnos de educación especial do centro. Deste xeito, a actividade é un éxito entre os nenos, que transforman as clases nun xogo.

    Ademais dos alumnos do colexio Abrente, a Policía Local levará esta actividade a outros centros do municipio.

    Redacción Salnés