Durán di que Alcampo aumentará un 25% o emprego no comercio

    gonzaloduran100.jpgVILANOVA> O alcalde Gonzalo Durán, asegura que Alcampo aumentará un 25% o número de empregos no comercio da comarca.

    O rexedor cre que esta área comercial vai rachar a pendente negativa de destrución de emprego e vai recuperar o fluxo de compradores. Considera que os 500 empregos que vai xerar o Centro Comercial de Deiro serían a maiores dos 2.000 que o Consorcio de Comercio estima que existen na actualidade no Salnés dentro deste sector.

    Durán lembra que o peche de establecementos nos últimos tempos non se pode achacar ó centro comercial e cre que é a inoperancia do Consorcio o que fai que este fluxo de caixa abandone a comarca e con elo se continúe a tendencia negativa.

    Collendo datos dados polo Consorcio do Salnés, de que o 60 por cento dos veciños compran fóra da comarca, o edil de Comercio de Vilanova, Javier Tourís, entende que hai que tratar de recuperar estas compras e alentar o emprego aquí, polo que non se pode deixar escapar unha empresa punteira que vai xerar riqueza. Considera que con este centro se restablece o movemento de compradores na comarca.

    O Goberno local de Vilanova critica ós representantes do comercio do Salnés por non ter iniciativas efectivas contra a destrución do sector.

    Redacción Salnés