A CGT mobilizarase para acelerar a liquidación de Alfageme

    VILAGARCIA>A Confederación Xeral do Traballo ven de pronunciarse sobre a súa posición actual ante o bloqueo do plan de liquidación da empresa

    {flowplayer}images/salnes/cgt_vilagarcia_alfageme_27102011.flv{/flowplayer}

    … Alfageme, unha resolución dos administradores concursais que se ve paralizada polos continuos recursos da familia Lago, propietaria da conserveira Alfageme.

    Esta situación de estancamento do plan de liquidación proposto débese a un apéndice na sentencia xudicial que, na práctica, fai posible que os ex-propietarios bloqueen unha vez detrás de outra este proceso, para que o auto non sexa en firme, mediante a interposición continuada de recursos.

    Para exercer presión ante as autoridades xudiciais e tódalas partes que inflúen neste proceso, a CGT emprenderá en breve unha xeira de mobilizacións. Estes actos reivindicativos para reclamar claridade e rapidez neste proceso comezarán o vindeiro día 2 ante a administración xudicial, precisamente neste día no que se contempla un recurso de Promalar, a empresa constructora da familia Lago precisamente pola natureza dos avais presentados neste proceso de liquidación.

    A segunda das mobilizacións terá lugar ante a Audiencia Provincial de Pontevedra. A partires de aí, e segundo a resposta obtida, volverán a consensuar as súas futuras actuacións. Así pretenden evitar que os intereses económicos dunha familia asoballen os dereitos laborais e persoais das 150 traballadoras despedidas.

    Redacción Salnés