O recorte nas cotas reduce a facturación na lonxa de Ribeira

    balancelonxaribeira2010.jpgRIBEIRA> Os datos do exercicio de 2010 confirman a Ribeira como terceiro porto galego en descargas, tan só por detrás da Coruña e Vigo.

    {flowplayer}barbanza/balancelonxaribeira2010.flv{/flowplayer}

    Ó longo da última década, o lirio representou o 27’78 por cento das descargas e o 21 por cento da facturación. As cifras falan por si soas, poñendo de manifesto a necesidade de manter as actuais cotas non só para a flota pesqueira senón para o sector comercializador, transformador e todo o tecido xerado indirectamente.

    O balance de 2010 sitúa a Ribeira como terceiro porto en nivel de descargas e quinto en facturación posto que se trata de pesca artesanal e de baixura con menor valor no mercado.

    Os datos revelan un descenso con dez mil toneladas menos e trinta e cinco millóns e medio facturados, 2’6 menos que o anterior exercicio. Débese fundamentalmente ó esgotamento dos totais das cotas da xarda e a pescada que mantiveron á flota amarrada.

    Incremento

    O dato positivo vén da man dos crustáceos e moluscos que supuxeron un incremento con 450 mil euros máis que o pasado ano. Tamén no prezo medio da ameixa que subiu ó redor de dous euros.

    Cos datos sobre a mesa, o alcalde volveu apelar á unión de esforzos por parte do sector e das administracións para acadar unha excepción nos cupos do lirio no Cantábrico Noroeste. De non conseguilo, considera que tan só en Ribeira poderían desaparecer máis de tres mil postos de traballo, con iguais consecuencias en portos como o da Coruña ou Marín.

    Redacción Barbanza