BOIRO> Dende a formación consideran que se trata dun problema medioambiental grave que urxe arranxar. Do mesmo xeito que o facían anteriormente outros grupos da oposición, Cidadáns Boiro vén se esixirlle ó equipo de goberno unha solución urxente ós vertidos de augas fecais que se dan dende hai meses na zona do Saltiño e en Esteiro. O portavoz desta formación política, Javier Chouza, pídelle ó alcalde que tome cartas no asunto e solucione dunha vez este problema medioambiental tan grave. Aínda que polo momento estes vertidos non teñen afectado á producción marisqueira, dende Cidadáns temen que, de non poñerlle coto, poidan ter consecuencias sobre os bancos.