Xunta e concello cúlpanse dos atrasos na entrega das VPOs

    DESAMPARADOS2 copia.jpg VILAGARCÍA> O goberno autonómico di que Ravella ten que dar a licenza de ocupación e o executivo local que antes ‘hai que acabar as obras’.

    {flowplayer}images/salnes/VIVENDAS_PROTEXIDAS_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    Á escena desta mañá entre o delegado da Xunta en Pontevedra e a alcaldesa de Vilagarcía podería aplicárselle o dito de ‘uns por outros e a casa sen varrer’, e nunca mellor dito. Hai nove días que a concellería de Benestar abriu o prazo para solicitar as 20 vivendas que faltan por adxudicar alegando que o Instituto Galego da Vivenda e Solo fracasou no anterior sorteo dos pisos, cando só entregou 11 dos 31. Esta mañá José Manuel Cores Tourís achegouse ó edificio interxeracional do Bosque dos Desamparados para frear estas acusacións e aclarar que, se non se ocupa o edificio é porque aínda non están rematadas as obras.

    Segundo Tourís a Xunta cumpriu rigorosamente con tódolos pasos que debía dar, unhas declaracións que desde o concello de Vilagarcía interpretan como un intento de responsabilizalos do atraso.

    O goberno local cualifica a visita de Tourís de ‘electoralista’ e realizada co obxectivo de culpar ó concello de que aínda non estea en marcha o Centro de Día que se situará no baixo do edificio. Amais, o concello informou de que a día de hoxe, 45 persoas presentaron as solicitudes no rexistro do concello para acceder a unha das 20 vivendas que quedan libres, e 250 pediron información sobre o proceso.

    Redacción Salnés