POBRA> A Asociación de Empresarios da Tomada demandan a ampliación do polígono pobrense cunha terceira fase. Indican que existen empresas interesadas en asentarse no parque empresarial que xa non conta apenas con espazo ó estar vendido o oitenta por cento da segunda fase. A pesar de que a ampliación da Tomada supuxo a construción de cen mil metros cadrados, na actualidade xa está vendido o oitenta por cento desta superficie. Tan só quedan dúas parcelas dispoñibles, á marxe do terreo reservado para o concello, polo que dende a asociación de propietarios demanda unha terceira fase de ampliación. O presidente dos empresarios indicou que varias firmas interesadas en instalarse na Tomada optaron finalmente por outros municipios ante a carencia de chan dispoñible. Insisten na necesidade de proxectar canto antes a ampliación posto que se trata dun procedemento que conleva unha longa tramitación administrativa.
Inicio BARBANZA