Rouban produtos nunha mercería por valor duns sete mil euros

    rouboperfumeriapobra.jpgPOBRA> O roubo tiña lugar na madrugada de onte na céntrica rúa Fernández Varela. O material roubado estaba composto na súa maioría por perfumes de primeiras marcas.

    {flowplayer}barbanza/rouboperfumeriapobra.flv{/flowplayer}

    Aínda co disgusto no corpo, a propietaria do establecemento, que non quixo facer declaracións diante das cámaras, non se explica como ningún veciño da zona puido escoitar nin ver nada. O seu negocio atópase ubicado na rúa Fernández Varela, a carón dos semáforos, nunha céntrica rúa da localidade, polo que os ladróns deberon actuar con gran dilixencia e rapidez para non levantar sospeitas. O modus operandi, moi semellante ó doutros atracos que se produciron nas últimas semanas noutros concellos veciños. Forzaron a porta principal do establecemento e desvalixaron o local, sen apenas causar destrozos no seu interior.

    Máis de sete mil euros

    Nun primeiro balance a mercancía roubada podería superar os sete mil euros, na súa maioría perfumes e cosmética de primeiras marcas, así como tamén varios bolsos de pel. Ó resto do material existente na tenda non lle tocaron, polo que dá impresión de que os atracadores sabían ben o que buscaban. A Garda Civil está levando as investigacións coa finalidade de dar co paradoiro do posibles autores dos feitos.

    Redacción Barbanza