RIANXO> Van alá algo máis de dúas semanas dende o arranque da actividade no libre marisqueo e apenas hai xa recurso nos Lombos do Ulla. Aínda que nun primeiro momento os informes dos propios biólogos da consellería do Mar falaban da presenza de berberecho nos Lombos do Ulla, a situación real é ben diferente, e as escasas capturas están a condicionar este inicio da campaña. Apenas hai berberecho e os profesionais tiran da ameixa xapónica para poder levantar un xornal digno. O peche das concesións marisqueiras en Noia por mor da toxina está a ser unha boa nova para os profesionais rianxeiros, que ben unha lixeira suba na cotización do bivalvo en lonxa. Pero é algo, por desgraza para eles, puntual… Segundo explicou o propio patrón maior, a escasa produtividade nos Lombos do Ulla, vén provocada pola gran cantidade de embarcacións que vén soportando dende hai anos o que dificulta a recuperación das especies.
Inicio Barbanza - Muros - Noia