O sector crítico crea a Agrupación Liberal de Sanxenxo

    FRANCISCO_VILLAVERDEcopy.jpgSANXENXO> Esta tarde asinaron ante notario a acta de constitución. Polo momento, non teñen candidato pero xa barallan varios nomes.

    {flowplayer}images/salnes/AGRUPACION_LIBERAL_SANXENXO.flv{/flowplayer}

    Xa o adiantaban fai uns meses. A finais do pasado ano ou comezos do 2011 constituiríanse como agrupación independente. Hoxe está máis preto de ser unha realidade.

    Esta tarde, varios ex edís do partido popular en Sanxenxo, encabezado por Francisco Villaverde asinaron ante notario a acta de constitución da Agrupación Liberal de Sanxenxo.

    O seguinte paso será a elección do candidato e pechar o programa electoral. Aínda así, o actual presidente da agrupación confesou que xa barallan varios nomes. O que si deixou claro é que ningún ex edil do partido popular será o cabeza de lista.

    Ante a pregunta de se cabe a posibilidade de que algúns dos actuais edís do PP pase a formar parte da agrupación, Villaverde dixo que as portas están abertas a calquera persoa.

    O obxectivo final da agrupación é acadar representación no concello. Polo momento, dentro de quince días ou un mes celebrarán un congreso no que se presentarán os cargos. A partir de aí constituirán a lista definitiva.

    Redacción Salnés