![]()
CAMBADOS> O alcalde destacou, ademais, os beneficios das comportas. Entre as mariscadoras, a preocupación continúa.
{flowplayer}images/salnes/XUNTANZA_SACO_FEFINANS.flv{/flowplayer}
Esta mañá as mariscadoras de Cambados reuníronse na Confraría con técnicos da Xunta de Galicia para coñecer máis polo miúdo o proxecto das comportas do Saco de Fefiñáns.
A pesares da reunión, a preocupación entre a maioría das mariscadores segue existindo. Hoxe, a súa prioridade era coñecer o proxecto e acadar o compromiso de que se vai a sanear o Saco antes da colocación das comportas.
Xa na reunión cos técnicos da Xunta de Galicia, as mariscadores puideron coñecer a utilidade das comportas. No tocante ó saneamento, o alcalde confesou que xa están a traballar cos técnicos municipais.
Ademais, destacou a inversión de dous millóns de euros que vai a facer Augas de Galicia co que se vai a instalar unha rede de control no regato do río da Ucha. O que non asegurou Luis Aragunde é que o Saco vaia estar saneado ó cen por cen antes da colocación da súa colocación.
O alcalde, destacou, ademais, que será a confraría a que vai xestionar o funcionamento das comportas. Neste senso, a Presidenta do colectivo non quixo facer declaracións. Si o fixo o Patrón Maior, Benito González. Este destacou os beneficios que aportarán as comportas ó marisqueo.
Outro dos obxectivos do concello é que nese espazo se poidan desenvolver deportes náuticos sostibles, aínda que, o alcalde sinalou que só se fará se non prexudica o traballo das mariscadoras.
Redacción Salnés









