O executivo de Ribeira deseña un programa para reducir os atropelos

    campanaseguridadevialribeira_100.jpgRIBEIRA> As principais medidas serán o reparto masivo de bandas reflectantes entre a poboación e charlas informativas nas parroquias.

    O incremento dos atropelos de peóns que se rexistran na cidade de Ribeira preocupa ó grupo de goberno local. Perante isto, vén de adoptar unha serie de medidas para frear estas estatísticas tan negativas. Así, ó incremento da presencia policial nas rúas súmase agora un completo programa de seguridade vial que está previsto comece a aplicarse nas vindeiras semanas.

    {flowplayer}barbanza/campanaseguridadeviariaribeira.flv{/flowplayer}

    cinco mil unidades

    De momento, estanse a perfilar os detalles da campaña. Dende a concellería de Tráfico xa anunciaron que a principal medida será o reparto masivo de bandas reflectantes entre a poboación. Esta previsto que se entreguen preto de cinco mil unidades destes dispositivos de seguridade viaria que ademáis levarán impreso dúas lemas: ‘Nos pasos de cebra hai que mirar antes de cruzar’ e ‘os peóns circulan pola esquerda’.

    Outras das medidas será o reforzo da prevención con actividades dirixidas á cidadanía en xeral impartindo charlas informativas en todas as parroquias. Asemade, os axentes da policia local seguirán acudindo ós colexios para concienciar os rapaces, algo que xa se viña facendo ata o de agora.

    Redacción Barbanza